E MIRAREMOS AS ONDAS.
O Museo do Mar e a Fundación Illa De San Simón organizan conxuntamente unha ruta cultural guiada pola ría de Vigo.
Os percorridos, que comezan o día 12, realizaranse cada domingo ata o vindeiro día 9 de novembro en 2 quendas, unha as 10:00 h. e outra ás 16:00 h.
Os visitantes sairán do peirao do Museo do Mar para iniciar un traxecto comentado pola ría de Vigo e coñecer a Illa de San Simón.
As reservas pódense facer na páxina :www.fundacionilladesansimon.org e
nos teléfonos 986 90 38 84 e 671 06 50 30.
1 comentario:
Unha saída interesante para un fin de semana neste tempo de outono sería ao Monte Penide. Subimos a Cabeiro, logo de chegar ao campo de fútbol collemos á dereita e xa no monte atopamos o que queda das mámoas, aínda se conserva unha, a Mámoa do Rei. No outeiro final tamén encontraredes inscrituras nas pedras. Podemos aproveitar para ver saír os cogumelos.
Publicar un comentario