24/10/08

GALICIA: unha cultura para un novo século.

GALICIA: UNHA CULTURA PARA UN NOVO SÉCULO

  • LUGAR: Sala de exposicións do Centro Cultural Caixanova. Sala de exposicións I e II do Centro Social Caixanova.
  • VIGO: setembro - novembro 2008
  • HORARIO DE VISITAS: Luns - venres: 18,00 h. a 21,30 h.

Sábados, domingos e festivos: 11,00 - 14, 00 h. e 18,00 a 21, 30 h.

VISITAS GUIADAS POLA FINCA DE LOURIZÁN

O Xardín Botánico do Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán, en Marín ( Pontevedra), organiza visitas polo xardín, con ou sen guía.
Calquera época do ano é boa para pasear por este recuncho; o outono pode ser un momento ideal polas cores que adquire a vexetación.
ANIMÁDEVOS A VISITAR ESTE XARDÍN!!!
Visitas con guía:
  • sábados ás 17,00 horas.
  • domingos ás 11,30 horas.

Visitas sen guía:

  • de luns a venres, de 8,00 horas a 13,00 horas.

17/10/08

Exposición de pintura

EXPOSICIÓN DE PINTURA
Título:"Como se fosse um segredo"
Autor: Filipe Rodrigues.
Lugar: Edif. Multiusos da Xunqueira.
Horario: Do 3 de outubro ao 14 de novembro.

10/10/08

E MIRAREMOS AS ONDAS.
O Museo do Mar e a Fundación Illa De San Simón organizan conxuntamente unha ruta cultural guiada pola ría de Vigo.
Os percorridos, que comezan o día 12, realizaranse cada domingo ata o vindeiro día 9 de novembro en 2 quendas, unha as 10:00 h. e outra ás 16:00 h.
Os visitantes sairán do peirao do Museo do Mar para iniciar un traxecto comentado pola ría de Vigo e coñecer a Illa de San Simón.
As reservas pódense facer na páxina :www.fundacionilladesansimon.org e
nos teléfonos 986 90 38 84 e 671 06 50 30.

6/10/08

REDONDELA A PÉ

No edificio Multiusos da Xunqueira podedes pedir o folleto así titulado, no que se recollen tres rutas para coñecer mellor a nosa vila.
AQUÍ TENDES UN MODELO.

3/10/08

OUTONO: OUTUBRO

EXPOSICIÓNS
Vigo
  • Photo Galicia 2008. Ata o 1 de febreiro. Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia. Policarpo Sanz, 21.

Redondela

  • Casa da Torre, “Escenas de la naturaleza”. Do 19 de setembro ao 12 de outubro. Magdalena Fonterosa Piñón.
CINE
Vigo
  • Yelmo cineplex:
    Wall-e” : sabado, domingo e festivo matinal: Ás 12:00.
    Espiritu del bosque”: sábado, domingo e festivo matinal: Ás 12:00.
  • Cinebox plaza e:
    Viaje al centro de la tierra”: domingos pase matinal: Ás 12:10.
    La isla de Nim”: domingos pase matinal: Ás 12:10.

MÚSICA CLÁSICA

Redondela

No Auditorio do Multiusos da Xunqueira.

  • Día 18 de outubro: Orquestra Solistas de Galicia.
  • Día 11 outubro : Quinteto de vento metal Sta. Cecilia.
  • Día 25 de outubro: Ludus Tonalis.
  • Día 31 de outubro: Coral Polifónica de Bueu.

Hora: 20, 30 .

MINERVIGO : Salón de Minerais e fósiles de Galicia.

Lugar: Edificio da Estación de Renfe, en Vigo.

Días: venres 10, sábado 11 e domingo 12 de outubro.

Horario: de 11,00 h. a 21,00h.

Exposición con máis de 10 000 pezas, entre as que haberá fósiles, minerais, e xemas de todo o planeta. Ademais, destacan ovos de dinosaurio cunha idade aproximada de 150 millóns de anos atopado en China.